Saturday, Nov. 1, 2014

puntoGAL presenta mañá a candidatura dun dominio para a lingua e cultura galegas

Escrito por:

|

Maio 29, 2012

|

Tema:

puntoGAL presenta mañá a candidatura dun dominio para a lingua e cultura galegas

Cunha pequena xornada de presentación, a asociación puntoGAL presentará hoxe martes ás 12 horas o «puntoGAL», a candidatura dun dominio de Internet para a lingua e cultura galegas. No acto, tras a inauguración a cargo de Mar Pereira e Valentín García, explicarase a campaña a cargo de Manuel González, presidente da Asociación Puntogal e membro da RAG. Logo coñeceranse os resultados dun precedente como é o dominio .cat, a cargo de Jordi Iparraguire, director da Fundació puntCAT e haberá un coloquio no que participarán Manuel Bragado, presidente da Asociación de Editores, Manuel Gago, director de culturagalega.org, Víctor López, presidente da Asociación Galega de empresas de Internet e Marcus Fernández, webmaster de Código Cero. A entrada é libre.

· 12:00 Inauguración a cargo da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira.
· 12:10 Intervención do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
· 12:20 Presentación a cargo de Manuel González González, presidente da Asociación Puntogal e membro da Real Academia Galega.

Fonte: Culturagalega

Compartir este artigo

Artigos relacionados

Aberto o prazo de inscrición do XI Simposio O libro e a lectura nos medios
Falece a escritora e xornalista Begoña Caamaño
Baía deséxavos que pasedes un BO DÍA DA BIBLIOTECA

About Author

admin