Baía Edicións

FEIRA DAS CULTURAS DE COMPOSTELA
O colectivo Editores de Compostela, integrado por Alvarellos Editora, Contos Estraños Editora, Edicións Positivas, Hugin e Munin, Sotelo Blanco Edicións e Urco Editora, en colaboración coa xerencia do Centro Comercial Área Central, vai desenvolver, neste espazo, a Feira das Culturas. O devandito evento dará comezo en outubro e terá periodicidade mensual, sempre o primeiro sábado de cada mes.

Trátase dun punto de encontro para todos aqueles que colaboran na produción cultural en calquera das súas manifestacións (literatura, artes gráficas, música, artes escénicas, gastronomía etc.) dentro da comarca de Compostela.

Habilitarase un espazo dentro do centro comercial para que se poida dar a coñecer o voso traballo durante toda a xornada, contando cos mellores medios técnicos e humanos, un escaparate único para achegarse á cidadanía nun evento con vocación de continuidade.

O vigués Alejandro Marzoa presenta en Cans a súa primeira longametraxe
Suso e Manuel son dous pais de familia e amigos de toda a vida que quedan sen traballo tras cumprir os cincuenta. Un día, mentres están de pesca, atopan un paquete con dez quilos de cocaína. A súa situación era xa insostible e este feito desata toda unha serie de acontecementos imprevisibles. Este é o argumento de Somos xente honrada, o primeiro filme de Alejandro Marzoa (Vigo, 1979) que coproduce Vaca Films con El Terrat. A produción preséntase hoxe no Festival de Cans (Porriño) logo do seu paso por Málaga.

Fai parte da sección “Fillos de Cans”, esa na que personaxes que participaron no certame regresan para presentar os seus proxectos. Este filme, conta cun amplo elenco de actores galegos como Manuel Lozano, Morris, Pico, Luisa Merelas, Ricardo de Barreiro o Luis Iglesia que acompaña a Paco Tous, Miguel de Lira, Unax Ugalde ou Manuela Vellés. Rodouse na Coruña durante os meses de xuño e xullo de 2012 e chegará as carteleiras o vindeiro 7 de xuño.

Fonte: Culturagalega

Foto

O anteproxecto de Lei de Propiedade Intelectual elimina os dereitos de autoría do libro educativo
O presidente de CEDRO, Pedro de Andrés, asegura nunha entrevista realizada para blog da entidade, que o anteproxecto de Lei de Propiedade Intelectual acaba cos dereitos de autoría para os libros educativos, pois non se contempla a compensación de autores e editores, asegurando que supón unha expropiación.

Os autores e editores recibirán  xa un 70% menos durante este ano e as actividades de CEDRO quedaron reducidas á mínima expresión, explica  De Andrés, afirmando que a situación actual supón unha clara discriminación dos autores e editores españois en relación aos doutros países do entorno, onde dispoñen de fortes sistemas de propiedade intelectural. Esta realidade tamén vai afectar á sociedade no seu conxunto pola merma da creación, a renovación e a innovación.

Fonte: AGE

Sergio Lago non seguirá á fronte do Culturgal que reducirá o seu tamaño
Sergio Lago e o equipo de Nó Común deixarán de estar á fronte da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, como veñen de anunciar tanto na súa páxina web como nas redes sociais. “Foron dous anos de traballo intenso nos que dende o equipo organizador puxemos todo o noso esforzo en intentar construír un proxecto de todos e para todos os axentes culturais que participaron dunha maneira ou outra na feira”, comenta na nosa na que anuncia a súa despedida e desexa unha longa vida ao Culturgal.

Sergio Lago conta cunha sólida traxectoria no mundo da xestión cultural, na elaboración de planos estratéxicos, xestión de equipos e deseño de proxectos. Da súa man naceu a tenda Toupa.net que lle valeu un premio EGANET e previamente fundou o selo Falcatruada do que foi director.

A despedida de Lago e o seu equipo da xestión de Culturgal deixa á feira nunha delicada situación a  pouco máis de seis meses da súa realización. Culturgal tense convertido enescaparate da cultura galega, coa presenza de industrias culturais de todos os sectores e unha asistencia multitudinaria de público que participa do amplo programa até agora ofrecido.

Redución de orzamento

“A casa da cultura galega é a túa casa. Ti tes as chaves” foi a lenda da última edición que se desenvolveu no Pazo da Cultura en Pontevedra que se consolida como sede fixa do grande evento que ten lugar pouco antes de Nadal. Cun orzamento de 250.000, o 15% menos que na edición anterior, desde a Asociación Culturgal que promove a iniciativa queixábanse de que a cantidade é o 25% do previsto en calquera proxecto similar a nivel estatal como o Mercat da Musica de Vic, a Fira de Tárreca ou a FICA de Andalucía.

A Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) traballan de maneira conxunta na entidade de asociacións profesionais que organiza o Culturgal que este ano non concretou polo de agora coas administracións o aporte de cartos públicos ao evento mais pode ver reducido aínda máis o seu orzamento.

Fonte: SermosGaliza

Comeza a Feira do Libro de Pontevedra 2013
A Feira do Libro de Pontevedra desenvolverase no Paseo de Odriozola desde o 22 ao 26 de maio. Os stands de exposición e venda de libros estarán abertos de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. A fin de semana o horario será de 11 a 14.30 e de 17 a 21.30 horas. Os autores asinarán exemplares dos seus libros nos espazos das librerías no evento.

Programa da Feira

22 de maio. Mércores.

18.00 Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por por Nova Galicia Edicións.

19.00 Inauguración. Actuación do grupo música tradicional Os Alegres, de Pontevedra Intervencións institucionais.Dentro dos actos inaugurais, espectáculo cómico – musical a cargo de Ratman & Bobyn.

19.00 Montse Fajardo asinará exemplares do libro Matriarcas ns caseta de Libraría Paz.

20.00 Santiago Lopo asinará exemplares do seu libro Hora Zulú, publicado por Editorial Galaxia, na caseta da Libraría Paz.

20.00 Pilar Martínez asinará exemplares do seu libro A Galiña roxa, publicado por Kalandraka Editora, na caseta de Libraría Seijas.

20.00 Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.

23 de maio. Xoves.

18.00 Contacontos: Un reino complicado, a cargo de Fátima Fernández, na caseta da Biblioteca da feira.

18.00 Presentación do libro Miniaturas de Eugenio Granell. Música revelada. Participarán no acto Ramón Piñeiro (director artística) e Alejandro Vargas (compositor e director musical), que interpretará varias cancións do disco.

18.30 Nieves Abarca asinará exemplares dos seus libros Crímenes exquisitos e Martiryum na caseta de Cronopios Libros

19.00 O escritor Ramón Caride, presenta o seu libro Endogamia 0.2 (segunda entrega do proxecto AKTUAL, da colección Fóra de xogo), publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participarán no acto Manuel Busto, Fran Alonso e o autor.

20.00 Presentación da novela Faneca brava, do escritor Manuel Portas, publicada por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Antón Sobral e Fran Alonso.

24 de maio. Venres.

18.00 As marionetas do mundo e os mundos de Barriga Verde. Charla coloquio sobre os títeres galegos realizada por Comba Campoy, investigadora sobre a tradición de títeres galegos e Anxo García, titiriteiro e recuperador do espectáculo de Barriga Verde.

Presentación do DVD – libro Morreu o demo, acabouse a peseta, publicados pola Asociación Cultural Morreu o Demo.

19.00 A escritora Fina Casalderrey asinará exemplares do seu libro Fiz o coleccionista de medospublicado por OQO Editora, na caseta de Libraría Seijas.

19.00 O escritor Manuel Loureiro asinará exemplares de Apocalipsis Z, de Panini, na caseta de Libraría Paz.

19.00 Presentación do libro As lambetadas dos Larpeiros, publicado pola Editorial Galaxia, coa participación de Merche Rodal, autora do libro, o escritor Xosé Cermeño e Francisco Castro, representante da editorial.

20.00 Presentación do libro +cd + dvd De roda en roda. Música e danzas do mundo, de Suso Cancela, Pilar Sampile Javier Jurado, publicado por Editorial Galaxia. Participarán no acto Suso Cancela e Pilar Sampil. Ao remate, haberá unha demostración de danzas do mundo a cargo de bailadores e bailadoras á que poderá sumarse todo o público que o desexe.

25 de maio. Sábado

12.30 O escritor Pedro Feijóo asinará exemplares do seu libro Os fillos do mar

13.00 Obradoiro de maxia: Escola de Maxía, impartido por Cucarandainas.

18.00 Contacontos na libraría Cronopios Libros.

18.00 Teatro Babaluva representa o seu espectáculo infantil Babacontos.

18.30 María Reimóndez asinará exemplares do seu libro En vías de extinción, publicada por Edicións Xerais de Galicia, na caseta da Libraría Paz.

19.00 Elena Gallego Abad na feira do libro. Sinatura encontro cos lectores da triloxía Dragal, (a serie do dragón galego), publicada por Edicións Xerais de Galicia.

19.00 Presentación do libro Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez María Reimóndez, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial e a autora do libro.

20.00 A escritora Valentina Formoso, presenta o seu libro Do estigma á estima, publicado por Edicións Xerais de Galicia.

20.00 Kiko Dasilva asinará exemplares dos seus libros na caseta de libraría Seijas.

26 de maio. Domingo.

12.00 Alberte B. Casal asinará exemplares do seu libro Arcadia. Os gardiáns do secreto, publicado por Circulo Rojo Editorial, na caseta da libraría D-Lectum.

13.00 Contos para quitar os medos. Contacontos a cargo de Paula Carballeira

18.00 Actuación de Susa Herrera, coas cancións dos seus libros para nenos. Ao remate do acto, asinará exemplares dos seus libros Cabárceno, Animais encantadores e Todos os animais ao caixón, na caseta de Libraría Seijas.

19.00 Tomás Gómez Ahola asinmará exemplares do seu libro Galiza Mutante, poder nuclear, publoicado por Urco Editora, na caseta da Libraría Paz

19.00 Presentación do libro Nair, de José Estévez López, publicado pola editorial Redelibros. O autor falará deste libro e de Fugaz coincidencia, de mesma colección.

19.30 Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.

20.00 Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide publicado pola editorial Redelibros

A partires das 19.00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.

Fonte: AGE

Sete empresas participan no mercado de contidos audiovisuais de Cannes
Estes días desenvólvese unha das citas máis importantes do audiovisual: o Festival de cine de Cannes. De xeito paralelo ao festival ten lugar o mercado de contidos (o marché fu film) que remata o día 24. No marco da colaboración entre Agadic e o IGAPE neste relevante encontro de negocio hai presente unha delegacación galega. Tic Tac Producciones, Vaca Films, Artefacto Producciones, Abano Filmes, Cinemar Films, Zircozine e Artemática son as empresas presentes nesta cita. Ademais, Agadic abriu a convocatoria para participar noutro encontro profesional, o «Small is biútiful», que se celebra en París o 21 de xuño.

Cannes é unha cita ineludible polo volume de negocio. Alí estarán presentes 10.000 profesionais do sector entre produtores, distribuidores, axentes, programadores de festivais… que exhibirá máis de 4.000 producións e proxectos arredor de 34 salas de proxección.

O de París, é unha cita moito máis reducida orientada a apoiar as producións independentes de cine de autor e que se desenvólvese dentro da mostra Different 6! L’autre cinéma espagnol, que organiza Espagnolas en París na capital francesa entre os días 14 e 21 de xuño.

Fonte: Culturagalega

A viúva de Vidal Bolaño desaira a Feijóo e á RAG e lamenta que uns manifestantes queden fóra do teatro
Falouse na proxección ao comezo da vida e obra de Roberto Vidal Bolaño. Da súa liberdade e o seu compromiso coa lingua. Falouse de teatro, de valentía e de letras galegas. Pero cando Belén Quintáns enxugou as bágoas da emoción, avisou aos oíntes: «Non sei se falar do que quero falar ou do que debo por tratarse dun acto da Xunta». E dito isto, deu fe de que si sabía. Entre as súas primeiras verbas, o desplante ao presidente: «Que diría Roberto se vise dando o discurso homenaxe a quen representa todo contra o que loitou!», dixo, antes de lamentar que un grupo de actores (en realidade fóra do teatro berraban vinte preferentistas e cinco manifestantes con nariz vermello) non estivese dentro do teatro. Pero os seus lamentos tamén chegaron a outro dos presentes na mesa, o presidente da Real Academia, Xesús Alonso Montero, en forma de protesta por non poder contar no acto co «presidente Ferrín», ao que atribuíu a capacidade de falar con propiedade da obra do seu marido, cousa que descartou dos que ían facelo. Alonso Montero recolleu a luva e desculpouse por non ser experto na obra do dramaturgo, aínda que logo fixo unha bela exposición do «extraordinario dun home que entroncaba co teatro culto de Bretch e coas raíces de Cunqueiro».

Intacto nos estragos da intervención da viúva do homenaxeado quedou Ángel Currás, que aproveitou para reivindicar a capitalidade de Santiago, cidade «na que se fala máis galego», ademais de destacar o «colo como espacio reservadísimo aos galegofalantes». O presidente non se deu por aludido. Nun discurso conciliador reclamou o papel da lingua galega como «ferramenta de liberdade» e culpou aos homes de convertela en «elemento de discordia».

«¡Viva Galiza Ceibe!». Berrou para pechar o acto a única das asistentes que entonou o himno galego co puño en alto e coa mirada aprobadora de Quintáns.

Fonte: ABC

Baía Edicións presenta na Coruña o poemario RESINA DE POLIÉSTER, de CORREA CORREDOIRA
Monty4 e Baía Edicións presentan o poemario Resina de poliéster, de Correa Corredoira, que terá lugar en Monty4. Arte contemporáneo (Rúa Montroig, 4 –zona Orillamar–) o xoves día 23 de maio, ás 20:00 horas, en que intervirá, ademais do autor, Lino Braxe.

Celebrarase unha lectura dos poemas con música de Miguel Ladrón de Guevara (guitarra) e Ismael Berdei (piano).

Xaquín Marín e Manuel María foron homenaxeados nas Festiletras do Couto
Máis de tres decenios levan xa os veciños da pequena aldea do Couto celebrando esta xornada ao seu xeito, cunhas Festiletras capaces de atraer a atención dos principais creadores do país e que transcenden o 17 de maio para homenaxear durante máis dunha semana ao idioma e a cultura de Galicia.

Onte, a lembranza de Vidal Bolaño estivo presente en Ponteceso, pero non foi o único homenaxeado na Fundación Eduardo Pondal -promotora xunto coa asociación Monte Branco e o resto dos colectivos da parroquia desta edición das Festiletras-, posto que por alí pasou Xaquín Marín para impartir un obradoiro de ilustración e sumarse á relación de creadores convidados nestes tres decenios, da que forman parte Xosé Neira Vilas, Fina Casalderrey e Manuel María, entre outros. Marín explicou como xermolan e cobran forma as súas ilustracións e aproveitou a xornada para facer un chamamento en favor de que o galego sexa celebrado todos os días do ano.

A súa presenza foi un agasallo máis para os rapaces premiados na primeira edición do certame Letras Creativas Eduardo Pondal, que compartiron co autor e cos alcaldes de Ponteceso, Malpica e Laxe a xornada matinal.

Pola tarde, e na Casa dos Veciños -o local onde se celebraron tradicionalmente as Festiletras ata a posta en marcha da Fundación Pondal-, os máis cativos da parroquia tomaron a palabra para lembrar cunha escenificación poética a Manuel María e celebrar así o 20 aniversario do paso do autor lucense por esta festa. A artista Uxía Senlle tiña previsto pechar a xornada, xa pola noite, cantándolle ao poeta da Chaira.

Fonte: La Voz de Galicia

Foto

A SGAE destitúe a Fasero, o seu delegado da zona noroeste
O pasado venres 10 de maio Juan Carlos Fasero (Arnoia-Ourense, 1969) recibiu unha carta na que se lle notificaba a súa destitución como delegado da zona noroeste (Galicia, Asturias e Cantabria) da Sociedade Xeral de Autores (SGAE). Así o afirman hoxe La Voz de Galicia e El País que non especifican as causas esgrimidas para a extinción do contrato. En todo caso, o despedimento está en mans do seu avogado que iniciará a tramitación ante o Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC). Fasero incorporouse á SGAE o pasado novembro, tras cesar como director xerente de Agadic.

Fonte: Culturagalega